Supermercados Gadis é a cadea galega de supermercados favorita para comprar peixe. Así o revela o último estudo publicado pola OCU, que mediu o grao de satisfacción dos clientes con 46 supermercados e hipermercados de todo o territorio nacional. Tendo en conta varios criterios de valoración, é a única empresa de distribución de Galicia coas súas peixarías entre as 10 mellores de España.
A OCU levou a cabo o estudo de satisfacción dos clientes con 46 supermercados e hipermercados implantados a nivel nacional realizando enquisas a preto de 4.900 socios sobre diferentes criterios de valoración á hora de seleccionar o seu establecemento preferido.