Os produtos galegos de calidade diferenciada marcan estilo en Madrid Fusión


A Xunta de Galica, por medio das consellerías do Mar e do Medio Rural, promociona os produtos alimentarios de calidade diferenciada da nosa comunidade no marco 23ª edición de Madrid Fusión-Alimentos de España, un dos eventos gastronómicos máis importantes do mundo dedicado aos profesionais deste sector e que se celebra na capital de España dende hoxe e ata o próximo mércores.

Conta para elo cun espacio expositor ten 480 metros cadrados para a promoción do potencial gastronómico e alimentario de Galicia, no que están representados 10 coexpositores de Medio Rural e nove de Mar. Ademais, na aula de catas compartida levarase a cabo un completo programa cun total de 14 showcookings, degustacións e presentacións de produtos galegos con calidade diferenciada da terra e o mar.

Por outra banda, na noite de hoxe lunes haberá unha gala de Madrid Fusión 2025 na real Casa de Correos, sede da Presidencia da Comunidade de Madrid, cunha asistencia aproximada de 450 persoas. Neste evento Galicia contará cunha mesa de degustación de produtos galegos de calidade diferenciada elaborados por un chef de prestixio elixido pola organización.

Mañá martes, ás 14:30 horas, no espazo Wine Edition de Madrid Fusión levarase a cabo unha cata de diferentes viños tintos galegos, entre eles os premiados na Cata dos Viños de Galicia 2024, que será conducida polo Master of Wine Fernando Mora, acompañado polo sumiller galego Jorge Vila, director da Galicia Wine Academy. Realizarase un percorrido vitivinícola polas denominacións de orixe galegas para dar a coñecer os tesouros que se crean coas variedades tintas galegas a un auditorio de 50 profesionais do sector, e estará maridado con elaboracións culinarias de produtos galegos. Terán un papel protagonista os tintos da denominación de orixe Ribeira Sacra, como parte do plan de reforzo da promoción deste produto que impulsa a Consellería do Medio Rural en colaboración co consello regulador.

Ademais, a Xunta puxo en marcha o primeiro concurso da “mellor empanada de Madrid Fusión by Galicia” promovido polas dúas consellerías e que seleccionará a mellor receita deste produto elaborada con ingredientes de calidade diferenciada do medio rural e do mar de Galicia. Trátase dun concurso a nivel nacional e os participantes tiñan que elaborar a empanada con produtos galegos do mar e da terra segundo listado publicado nas bases do concurso. Son seis as receitas seleccionadas na fase final do concurso que se levará a cabo na Aula Polivalente de Madrid Fusión o mércores 29 as 13:20 h.

En concreto, as finalistas son a propietaria e chef do Hotel restaurante Rías Altas, de Barreiros (Lugo), pola súa receita de empanada de grelos con chourizo e touciño de porco celta; o chef do restaurante Tabalu food&tech, de Vigo, pola súa empanada de fariña de castaña, recheo de polbo, queixo San Simón da Costa e toque de pementón; o chef do restaurante La Empanada Viajera da Coruña, pola súa receita de empanada de polbo e grelos; o chef do restaurante Il Bocconcino by Royal Hideaway, de Tenerife, pola súa empanada de ameixas á mariñeira con leituga de mar e alga codium; o chef do restaurante Mai e Matucha, de Madrid, pola súa preparación de empanada de cocido galego e o cociñeiro de San Isidro Bakery, de Bergondo (A Coruña), pola súa empanada “ledicia” (dúas capas de masa crocante con recheo de cebola doce, berberechos, alga wakame en copos e touciño de porco celta).